Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Das Lamas, nos concellos de Agolada e Lalín, da provincia de Pontevedra, por parte de Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Piedras y Granitos de Villanueva, S.L., con domicilio en Estrada Vella, nº 57, Vilanova de Arousa, presentou nesta delegación provincial, o día 11 de maio de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Das Lamas, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada e Lalín, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.811, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 04' 20''42º 44' 00''

Vértice 28º 04' 20''42º 44' 40''

Vértice 38º 02' 00''42º 44' 40''

Vértice 48º 02' 00''42º 44' 20''

Vértice 58º 03' 40''42º 44' 20''

Vértice 68º 03' 40''42º 44' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 8 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra