Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. Avda. das Mariñas s/n.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 45 m de lonxitude con conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. S. Marcos, Granxal, tramo Icaria B. Bilbao pasando polo C.T. de Avda. das Mariñas s/n, Perillo, tipo interior de 250 kVA. Concello de Oleiros.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de un mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 1 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña