Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/1-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Vidán-CD Hospital.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña Galeras-Vidán-Santiago (expediente 10513) no C.T. Vidán e final no CD Hospital Xeral. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de un mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 1 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña