Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5990.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Maceiras Filloy, S.L., con enderezo en Penarada, s/n, 36680 Ouzanda (A Estrada), presentou nesta delegación provincial o día 7 de abril de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Cristina de 35 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Antas de Ulla, da provincia de Lugo e Agolada, da provincia de Pontevedra, á que lle correspondeu o número 5990 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 57' 00''42º 46' 40''

2-7º 54' 40''42º 46' 40''

3-7º 54' 40''42º 45' 00''

4-7º 57' 00''42º 45' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo