Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de xuño de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relaciona comprobación de valores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Consuelo Juiz Sánchez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase comprobación de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 40.5º do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Ent. Ourense, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de xuño de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Consuelo Juiz Sánchez.

DNI: 34.384.866G.

R/ Bedoya, 3-5º A, Ourense.

Procedemento: comprobación de valores.

Imposto sobre sucesións e doazóns.