Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados na UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense para a construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera.

Examinado o expediente nº 26/99, relativo ó proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados na UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense para a construcción de vivendas de protección oficial, promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo) e a Orde do 19 de agosto de 1997 pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto).

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados na UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense, necesarios para construcción de vivendas de protección oficial de Ourense, promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo polo procedemento de taxación conxunta previstos nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo) facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efec

tos previstos nos nº 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un tempo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo sen que se formulase oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 145 punto 8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no DOG así coma os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación:

PREDIO

PROPIETARIO

SUPERFICIE

M

PREZO XUSTO

PTAS.

1

INQUILINO

FRANCISCO CERVIÑO CASANOVA

GONZALO ALONSO MÉNDEZ

102,3611.493.932

2.260.550

2MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

ETELVINO SILVA NOVOA

ISOLINA VÁZQUEZ BOÁN

ROSALÍA LORENZO PEREIRA

71,76

71,76

8.978.632

8.978.632

1.641.750

1.641.750

3LUIS E MARÍA DE LAS VICTORIAS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ1.993,6556.639.768

4ÁNGEL E ANTONIO BARREIROS SOTO223,556.802.089

5EMILIO DELGADO SALGADO93,073.755.557

6MANUEL MARTÍNEZ COUGIL

CONCEPCIÓN MARTÍNEZ COUGIL

Mª CARMEN MARTÍNEZ COUGIL

MÓNICA MARTÍNEZ IGLESIAS

424,7113.573.733

0

7JENSARICO VÁZQUEZ CID26,35653.252

8JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ E SERAFINA GONZÁLEZ BLANCO32,003.377.685

9JOSÉ VÍCTOR FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ32,56756.551

10MILAGROS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

SERAFÍN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

41,01

1.193.832

11

USUFRUCTO

MANUEL BLANCO DÍAZ

MILAGROS BLANCO DÍAZ

91,902.343.075

12MARÍA FERNÁNDEZ TERRAZOS149,053.860.545

13

USUFRUCTO

MANUELA SANTOS CUQUEJO

CONCEPCIÓN RODRÍGUEZ SANTOS

MANUELA SANTOS CUQUEJO

86,62

2.448.205

14CELSO GRANDE SANTO

MANUELA SANTOS JARDÓN

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

104,14

2.991.359

14 BFELISINDO ÁLVAREZ GÓMEZ

JOSÉ ÁLVAREZ SEARA

JOSÉ REY PÉREZ

64,801.874.558

15RAIMUNDO REINOSO PÉREZ

Mª PURIFICACIÓN DONIZ FEIJÓO

BANCO GALLEGO, S.A.

95,382.727.281

15 BARTURO MARTÍNEZ TOUZA

ANTONIA VISPO TAÍN

59,891.712.291

16CARMEN E OLGA GONZÁLEZ CASTRO79,471.828.708

17JOSÉ VILLAR RODRÍGUEZ121,612.964.285

18MIGUEL GARCÍA FERRÓN

CELIA MOSQUERA VARELA

93,184.560.253

1.641.750

19MANUEL RODRÍGUEZ VELO

PURIFICACIÓN FERNÁNDEZ REINOSO

95,73

2.739.446

20JOSÉ ACEVEDO TEIJEIRA

PILAR RODRÍGUEZ IGLESIAS

Mª TERESA RODRÍGUEZ IGLESIAS

JOSÉ RODRÍGUEZ IGLESIAS

96,404.358.094

21EVENCIO FERNÁNDEZ OROZCO

AUGUSTO VAZQUEZ VÁZQUEZ

247,607.284.063

PREDIO

PROPIETARIO

SUPERFICIE

M

PREZO XUSTO

PTAS.

22EVENCIO FERNÁNDEZ OROZCO

AUGUSTO VÁZQUEZ VÁZQUEZ

151,93

5.245.759

23JULIO PRIETO, S.L.432,0312.597.131

Así mesmo, a publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer con carácter potestativo o recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Ourense, 20 de maio de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense