Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 2943/1998 para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 2943/1998 constituído o día 21 de outubro de 1998 na Coruña, en metálico, polo importe de 120.000 ptas., e que garante a Vicente Barcia Fraguela.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de Pontevedra, 22, baixo.

Transcorrido o devandito prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

A Coruña, 10 de maio de 1999.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña