Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.387

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (35/1987).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal civil nº 35/1987, sobre aproveitamento de augas, por instancia de Jesús Lestón García, representado polo procurador Bujeiro Lurido, contra Mercedes Lestón Costa, nos autos do cal, por resolución do día de hoxe, se acordou o requirimento por edictos ós herdeiros da referida demandada ó falecer esta, para realiza-la execución da sentencia que na súa decisión di o seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada polo procurador Bujeiro Lourido en nome e representación do demandante, debo declarar e declaro:

Que o predio da demandada, situado no norte o do demandante e estremeiro con el, debe recibi-las augas pluviais que se citan no feito segundo da demanda, na forma en que vén facéndoo.

Que o leito que seguen esas augas pluviais é o indicado no feito segundo da demanda.

E condeno a demandada a estar e pasar polos anteriores pronunciamentos, a que se absteña de desviar, cortar ou interrompe-lo dito leito da forma que sexa e ó pagamento das custas deste xuízo.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lles sirva de requirimento en forma ós herdeiros da demandada, expídese este edicto en Corcubión o catorce de maio de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado