Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.386

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999 pola que se sinala o lugar, o día e a hora para a celebración do sorteo para a provisión dunha praza do corpo docente universitario.

Convocada a concurso de méritos a praza de corpo docente universitario que se relaciona no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, en virtude da sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987, este rectorado resolveu sinala-la celebración do sorteo correspondente á praza indicada no citado anexo, co fin de designa-los membros da comisión que han de ser elixidos por este procedemento, para o día 19 de xullo de 1999.

O devandito sorteo realizarase na Secretaría Xeral da Universidade (edificio San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n).

Para os efectos previstos no artigo 6.6º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro) a partir da data da presente resolución, farase pública a relación dos profesores que participarán no sorteo no rectorado da universidade.

Da citada relación e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponde a praza.

-Fosen nomeados para formar parte das comisións pola universidade á que corresponde a praza.

As reclamacións contra a referida relación formularanse antes do día 9 de xullo de 1999, dirixidas ó secretario xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela