Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.381

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 13, do 21 de xaneiro de 1998), sobre a publicación da puntuación da fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 21 de xuño de 1999 os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto na base II.1.8 da convocatoria, publica-la puntuación obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron a fase de oposición. A devandita puntuación figura como anexo á presente resolución.

Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

Juan José Álvarez PérezJaime García García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Álvarez Vidal

Presidente do tribunal nº 3

Exclusións/Méritos non computables

Código Descrición

50Certificación incorrecta
51Certificado non expedido por persoa con competencia (Base II.1.7)
52Non presenta-lo orixinal do certificado (anexo II)
55Prestar servicios con funcións non propias do corpo subalterno (Base II.1)
64Persoal estatutario
67Prestar Serv. noutras Admón. Públ. sen atoparse na data de Public. prestando Serv. Valorabl. (Base II.1.4)
71Non achegar Documentac. xustificativa dos méritos alegados (Base II.1.7)
72Falta certificado
73Documentación sen cotexar