Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e ingreso no corpo de mestres.

De conformidade coa base común 7, apartado 1 e punto 34 das ordes do 15 de marzo de 1999 e 12 de marzo de 1999, polas que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e ingreso no corpo de mestres, respectivamente, establecen que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación, procede darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 2 de xullo de 1999, as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 15 de marzo de 1999 e na do 12 de marzo de 1999 dos corpos e disciplinas convocadas polas citadas ordes.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

6394