Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.375

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xuño de 1999 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Xunta de Galicia 1/1999, convocado pola Orde do 12 de xaneiro de 1999.

Convocado concurso 1/1999 pola orde desta consellería de 12 de xaneiro de 1999 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro), e á vista das propostas de adxudicacións de vacantes ós participantes na primeira e segunda fase do concurso elevadas pola comisión de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordo adoptado na sesión do 14 de xuño de 1999, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/1999, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican neles, tanto da primeira fase do concurso como da fase de resultas.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveran un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, os cales empezarán a contar a partir do día 15 de setembro de 1999.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de compostela, 21 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

AG-Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU-Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED-Educación e Ordenación Universitaria.

EF-Economía e Facenda.

FA-Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC-Industria e Comercio.

MA-Medio Ambiente.

OT-Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE-Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR-Presidencia e Administración Pública.

SA-Sanidade e Servicios Sociais.

XU-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.