Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Transportes Auto Galicia, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Transportes Auto Galicia, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 5-5-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decdreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo de traballo para a empresa Transportes Auto Galicia, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regula as relacións laborais da empresa Transportes Auto Galicia, S.L. e afecta a todo o persoal pertencente ó cadro, así como ós traballadores que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de abril de 1998. Terá unha duración de dous anos e entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación, polo menos, á data do seu remate. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Sen prexuízo do anterior, os salarios pactados aplicaranse con vixencia dun ano, e os seus efectos rematarán o 31 de marzo do 2000.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que, por disposición legal ou regulamentaria, poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas

e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa, que significarán condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberá rexerse para cada un dos anos de vixencia do convenio polas táboas salariais anexas: a táboa anexa I para o período 1-4-1998 a 31-3-1999, e a táboa salarial anexa II para o período 1-4-1999 a 31-3-2000.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis a antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios e faranse efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 9º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais. A data do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convi-la división en varios períodos.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do mes natural seguinte ó seu vencemento, queda fixada nun 5% do salario base ós cinco anos, un 10% ós dez anos, un 15% ós quince anos e un 20% ós vinte ou máis anos de servicios computables.

Ós traballadores que viñesen percibindo importes polo concepto de antigüidade, calquera que fose a súa denominación, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectáraselles a título persoal, mentres lles resulte máis favorable, o dereito a cobra-la cantidade que viñesen percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997; ós que nesa data estean en curso de adquisición dun novo tramo temporal recoñeceráselles no seu momento, salvo que ambas partes acorden outra forma de compensación, o dereito a cobrar, a título persoal, a cantidade que devengarían ó consolidalo, calculada de acordo cos salarios vixentes en tal momento.

Artigo 11º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servicio terá dereito ó percibo dunha indemnización polos gastos que se orixinen, que recibirá o nome de axudas de custo.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira, se a viaxe fose nocturna.

O importe das axudas de custo para o primeiro ano de vixencia será o que a continuación se reflicte:

1. Galicia: 4.439 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.210 pesetas o xantar, 1.210 pesetas a cea e 2.019 pesetas a pernoita.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.322 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.452 pesetas o xantar, 1.452 pesetas a cea e 2.419 pesetas a pernoita.

3. Restantes países europeos: 9.761 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.660 pesetas o xantar, 2.660 pesetas a cea e 4.441 pesetas a pernoita.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento de aloxamento e comida do traballador en substitución de axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas polo presente artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade do precedente parágrafo que recoñece á empresa.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das doce horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase a parte de axuda de custo correspondente ó xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das doce horas e regrese despois das catorce horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea, cando a saída se efectúe antes das vinte horas e a chegada despois das vintedúas horas.

A pernoita correspóndelle ós que cheguen á residencia despois das cero horas.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, o importe polo concepto das axudas de custo será o seguinte:

1. Galicia: 4.450 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.240 pesetas o xantar, 1.240 pesetas a cea e 2.070 pesetas a pernoita.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.455 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.488 pesetas o xantar, 1.488 pesetas a cea e 2.479 a pernoita.

3. Restantes países europeos: 10.005 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.727 pesetas o xantar, 2.727 pesetas a cea e 4.451 pesetas a pernoita.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal ordinaria de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores. A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo. Cando a súa distribución no nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e o cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control; respectarase en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 8 de novembro,

e demais normas específicas para o sector de transportes.

Artigo 13º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos que por necesidades do servicio sexan traballados, ou ben se dará o descanso outro día da semana anterior ou posterior, ou serán aboados co incremento que sinale a lexislación laboral vixente.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillos ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo, debido en máis do 20 por 100 das horas laborables, nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores. No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que teña dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 15º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas do seu remate.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa a data do seu cesamento cunha antelación mínima de quince días, excepto para o persoal non cualificado para o cal o aviso previo será de oito días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados no presente artigo.

O abandono do posto de traballo, sen que transcorresen os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondese o cesamento.

Artigo 16º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 17º.-Uniformes.

A empresa e o traballador cumprirán canto se refire ós uniformes, de acordo co que determina o vixente Acordo xeral para as empresas de transportes de mercadorías por estrada.

Artigo 18º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 2.600.000 pesetas, por cada un, de forma que en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a cantidade citada sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

O capital asegurado pasará a 2.700.000 pesetas con efectos do 1 de agosto de 1999 e a 2.800.000 pesetas con efectos do 1 de agosto do ano 2000.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social senón un complemento dela.

Artigo 19º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Axustarase ó establecido na lexislación laboral, no Estatuto dos traballadores e nas demais disposicións vixentes.

Artigo 20º.-Servicio militar.

O persoal que se incorpore ó servicio militar terá reservado o posto de traballo que viña desempeñando, e computaralle o dito período para a antigüidade na empresa. Para iso deixará constancia por escrito da súa intención de volver á empresa unha vez rematado aquel, e deberá incorporarse a ela no prazo máximo de 30 días naturais a partir do remate do servicio militar.

Artigo 21º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, serán aboadas pola empresa.

Artigo 22º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto na normativa vixente para as empresas de transportes por estrada e demais disposicións vixentes.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores, de entre os que tomaron parte na comisión negociadora.

Artigo 24º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio: o xerente da empresa, o delegado de persoal, así como o resto do cadro de traballadores.

Vigo, 5 de maio de 1999.

ANEXO I

Táboa de salarios

(Vixencia do 1 de abril de 1998 ó 31 de marzo de 1999)

Pesetas

Persoal administrativo
Oficial de 1ª92.506 ptas./mes
Oficial de 2ª84.793 ptas./mes
Auxiliar administrativo78.905 ptas./mes
AprendicesSalario mínimo S./idade
Cobrador de facturas79.287 ptas./mes

Persoal de transportes
Encargado de almacén104.078 ptas./mes
Conductor-mecánico3.264 ptas./día
Conductor3.150 ptas./día
Conductor de motocicletas e furgonetas3.046 ptas./día
Mozo especializado2.950 ptas./día
Mozo de carga/descarga e reparto2.854 ptas./día

Persoal do departamento comercial
Visitador94.121 ptas./mes

ANEXO II

Táboa de salarios

(Vixencia do 1 de abril de 1999 ó 31 de marzo do 2000)

Pesetas

Persoal administrativo
Oficial de 1ª94.819 ptas./mes
Oficial de 2ª86.913 ptas./mes
Auxiliar administrativo80.878 ptas./mes
AprendicesSalario mínimo S./idade
Cobrador de facturas81.269 ptas./mes

Persoal de transportes
Encargado de almacén106.680 ptas./mes
Conductor-mecánico3.346 ptas./día
Conductor3.229 ptas./día
Conductor de motocicletas e furgonetas3.122 ptas./día
Mozo especializado3.024 ptas./día

Pesetas

Mozo de carga/descarga y reparto2.925 ptas./día

Persoal do departamento comercial
Visitador96.474 ptas./mes