Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización de travesía entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 31 de maio de 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da travesía prevista polo Plan Xeral Municipal de Ordenación entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón, promovido, mediante iniciativa particular, por Procastrolar, Sociedad Limitada, e redactado pola arquitecta María Ilde Portos Taboada, con visado da delegación en pontevedra do COAG con data do 21-12-1998 e anexo a memoria e orzamento do proxecto e plano número 7 de perfil transversal da rúa, subscritos pola citada arquitecta intervidos colexialmente o 3-3-1999, reformando e anulando os correlativos do proxecto, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 9 de xuño do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral