Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (5/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 13 de maio de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a pedimento de Promociones, Construcciones e Obras Betan, S.L, representada por José Guede Cid, o proxecto de urbanización da zona 10 B 1 do SU 29 do PXOU de Ourense,

condicionado ó cumprimento das condicións fixadas polo servicio eléctrico no seu informe do 5 de marzo de 1999, logo da constitución da garantía por importe de dezaoito millóns oitocentas mil pesetas (18.800.000 ptas.) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo ás da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 28 de maio de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente