Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 13 de abril do ano en que estamos e co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para inclu

sión de terreo en transversal á estrada de Rianxiño, en solo urbano.

Contra este acordo poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que deberá dictarse e notificarse no prazo doutro mes, ou ben interpor recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza desta Comunidade Autónoma, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente escrito ou no prazo de seis meses desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición indicado de se ter interposto, advertíndoo de que tamén poderán utilizar calquera outro recurso que coide pertinente ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Rianxo, 24 de maio de 1999.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde