Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de Portos do Estado y da Mariña Mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 18-5-1999.

Obxecto: legalización da nave de preparación de peixe existente no porto de Burela.

Porto: Burela.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Burela.

Prazo: 10 anos.

Resolución: 26-5-1999.

Obxecto: construcción dun edificio para instalacións de remo e piragüismo.

Porto: Miño.

Adxudicatario: Concello de Miño.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia