Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso para o outorgamento da concesión da nova lonxa do porto de Bueu para a prestación do servicio de lonxa.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento da concesión da nova lonxa do porto de Bueu para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número do expediente: clave 13-17-99-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Bueu para a prestación do servicio de lonxa.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 22 de febreiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 21 de abril de 1999.

b) Adxudicatario: confraría de pescadores San Martín, de Bueu.

c) Nacionalidade: española.

5. Outras informacións.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, faise pública esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, poderase interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 4/1999 citada anteriormente.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia