Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico en Santiago de Compostela, pola que se sinalan novas datas e relación de predios para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Caldas de Reis no río Umia, termo municipal de Caldas de Reis. (Clave OH.136.306.CH.EXP).

Por resolución do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, do 16 de xuño de 1999, segundo o artigo 57.1º do regulamento da Lei de expropiación forzosa, procedeuse á suspensión da dilixencia de levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras enriba sinaladas (Resolución do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, Augas de Galicia, do 25 de maio de 1999), e á nova convocatoria de levantamento de actas previas á ocupación (os propietarios e nº dos predios son os mesmos da primeira convocatoria), de acordo coas seguintes datas e relación dos predios:

Termo municipal: Caldas de Reis.

Situación: estrada N-640.

Tramo: Caldas de Reis-Cuntis.

Lugar: Santo André de César-Oficina obra do encoro.

Horario: de 9.30 a 14 horas.

Data: 12 de xullo de 1999, predios nº 1a, 1b, 2a, 2b, 5, 7, 9, 11, 13, 16, 19, 20, 22, 25, 27, 28, 34, 35, 38, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 54, 57, 62, 63, 64, 66.

Data: 13 de xullo de 1999, predios nº 68, 69, 70, 71, 73, 74, 75, 77, 78, 79, 80, 82, 83, 84a, 84b, 85, 93, 95, 96, 97, 98, 100, 101, 140, 153, M-1.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o derradeiro recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico