Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Albariña, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/15/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Albariña, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta

na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalado no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido este período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Baña (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da cen

tral, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, Praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Concello da Baña: Praza do Concello, s/n, 15863 A Baña (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Sardín.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.550 l/sg.

Corrente de derivación: río Albariña (cota normal de encoro: 247).

Corrente de restitución: río Albariña (cota de restitución: 191).

Desnivel (salto bruto): 56 m.

Altura do azude: 4,5 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 630 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello da Baña (A Coruña)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 3,5 m sobre fondo do leito actual. A coroación, de cota 247 e lonxitude 32 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude. O volume encorado será duns 1.200 m. Disporase un desaugadoiro de fondo.

Na marxe dereita arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e sumidoiro.

Haberá unha escala de peixes.

-Conducción de derivación:

A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 90 cm, cunha lonxitude de 1.250 m, ata chegar á cámara de carga.

-Cámara de carga/cheminea:

Na zona superior do encanamento forzado disporase unha cámara de carga en altura (a modo de cheminea de equilibrio). Será de formigón armado.

-Encanamento forzado:

O encanamento será de aceiro ó carbono, cun diámetro de 900 mm, e cunha lonxitude de 150 m. A espesura prevista é de 7 mm.

-Central:

A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 20x8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.

-Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha potencia no eixe de 568 kW, unha velocidade nominal de 1.500 r.p.m. e un caudal de deseño de 1.550 l/sg.

O xerador será asíncrono, con potencia de 630 kVA e tensión 6,6 kV.

Tamén haberá un transformador de potencia de 630 kVA a 6,6/20 kV.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

A Baña517443Descoñecido160Azude

A Baña517494Riveiro Cardoso, Mª Pilar3501.575Conducción

A Baña5173.532Descoñecido40180Conducción

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

A Baña517486Gómez, José40180Conducción

A Baña517485Corzón Riveiro, Mª Asunción58261Conducción

A Baña517484Corzón Riveiro, Mª Asunción1567,5Conducción

A Baña14308Paredes Pérez, María e Josefa65292,5Conducción

A Baña517429Descoñecido34153Conducción

A Baña517500DescoñecidoConducción

A Baña517685Corzón Riveiro, Mª Asunción2090Conducción

A Baña14314Castiñeira Hombre, Graciana54243Conducción

A Baña515683Silva Trillo, Secundino52234Conducción

A Baña5151.084Fajín Redondo, Blandina40180Conducción

A Baña515675Pérez Fiuza, Purificación54243Conducción

A Baña183Fajín Silva, Carmen33148Conducción

A Baña1866García García, Domingo112573Conducción

A Baña1863Silva Trillo, Secundino418Conducción

A Baña1862Nieto Pérez, José1254Conducción

A Baña5151.141Suárez Alonso, Mª Saladina2090Conducción

A Baña515643Suárez Alonso, Mª Saladina44198Conducción

A Baña515642Fiuza Caamaño, Mª Elvira55607Conducción e central

A Baña515643 bFerreiro Fiuza, Teresa540Liña eléctrica

A BañaRío74592Liña eléctrica
A Baña18293Pena Pena, Gustavo34272Liña eléctrica

A Baña18294Silva Pérez, Dolores432Liña eléctrica

A Baña18295Silva Redondo, Jesús14112Liña eléctrica

A Baña18315Vilas Nieto, Francisco55440Liña eléctrica

A BañaRío26208Liña eléctrica

A Baña1846Fiuza Caamaño, Mª Elvira32256Liña eléctrica

A BañaCamiño324Liña eléctrica

A Baña1852Brenlla Allo, María1080Liña eléctrica

A Baña1851Silva Forján, Francisco864Liña eléctrica

A Baña1842Esturao Cassabiel, Manuel972Liña eléctrica

A Baña1841Muñiz Pérez, Dorinda32256Liña eléctrica

A Baña1840Pena Pena, Gustavo22176Liña eléctrica

A Baña1839Recarey Pías, Esperanza28224Liña eléctrica

A Baña1838Silva Redondo, Carmen22176Liña eléctrica

A BañaCamiño1080Liña eléctrica

A Baña515648Aragundi López, Juan36288Liña eléctrica

A Baña5151.151Dopazo Trillo, Manuel35280Liña eléctrica

A Baña515649Páramo Vieito, Andrés56448Liña eléctrica

A BañaRío864Liña eléctrica

A Baña515647Pérez Oca, José92736Liña eléctrica

A BañaCamiño648Liña eléctrica

A Baña515231Forján Silva, Carmen432Liña eléctrica

A Baña230Fiusa Pensado, Eugenio20160Liña eléctrica

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.