Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0236 e 98/0289.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8) e máis do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó director xeral de Montes e MAN desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 25 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0236.

Denunciado: Francisco Fernández Fraga.

DNI: 33.843.525.

Último enderezo coñecido: E. Che Guevara, 59-2º C, Sta. Cristina, Oleiros.

Feitos denunciados: pescar durante as horas en que está prohibido facelo.

Tipificación Lei de pesca. Artigo: 35.19º en concordancia co 92.19º. Cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 ptas. multa inhabilitación 1 ano e un día.

Expediente: P-98/0289.

Denunciado: José L. González Suárez.

DNI: 32.321.399.

Último enderezo coñecido: As Xubias, 21, A Coruña.

Feitos denunciados: pescar en horas prohibidas e utilizar artefactos de uso non permitido.

Tipificación Lei de pesca. Artigo: 35.19º e 35.5º en concordancia co 98.19º e 92.5º. Cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 ptas. multa 3.750, inhabilitación 1 ano e un día.