Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de residuos 98/0078.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio

administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó conselleiro de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0078.

Denunciado: Eladio Silva Álvarez.

Último enderezo coñecido: Jaén, 18, 24400 Ponferrada, Léon.

Feitos denunciados: vertidos líquidos en praia de escasa contía.

Tipificación Lei de residuos. Artigo: 34.4º.c). Cualificación: leve.

Sanción proposta: 50.000 ptas. multa.