Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos 98/0071 e 98/0082.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril de 1998), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 37 da Lei 10/1998, en relación co R.D. 167/1981 de transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de conservación da natureza e o artigo 45 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren ale

gacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0071.

Denunciado: Manuel Javier López Santiago.

DNI: 14.562.842.

Último enderezo coñecido: Avda. Fisterra, 260, A Coruña.

Feitos denunciados: abandonar e depositar residuos sólidos e perigosos.

Tipificación Lei de residuos. Artigo: 34.3º.1 en relación 34.2º.b). Cualificación: grave.

Sanción proposta: 1.000.001 ptas. multa.

Expediente: R-98-0082.

Denunciado: Gerardo Rozado Vilariño.

Último enderezo coñecido: San Rosendo, 8-1, 15007 A Coruña.

Feitos denunciados: eliminación incontrolada de residuos non perigosos.

Tipificación Lei de residuos. Artigo: 34.3º.b). Cualificación: grave.

Sanción proposta: 250.000 ptas. multa.