De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda E.S.OU-23/98, por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.
Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
Deberán ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro). De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Ourense, 31 de maio de 1999.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
-Expediente nº E.S. OU-23/98.
Presunto responsable: promotora O Chao, S.L., da que son representantes legais Juan Manuel Quintas Pérez e Josefa López Fidalgo.
NIF: B-32.153.215.
Último enderezo coñecido: rúa Constitución, nº 6. 32300 O Barco de Valdeorras.
Feitos imputados: neglixencia durante as obras de construcción de vivendas de protección oficial do expediente 32-P-0031/92, que deu lugar a vicios ou defectos nelas.
Precepto sancionador: artigo 153.c).6 do Regulamento de vivendas de protección oficial.
Cualificación da infracción: moi grave.
Sanción proposta: 250.000 ptas de multa, a obriga de face-las reparacións necesarias e inhabilitación durante tres anos para intervir en promocións de VPO.