Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (53/1998 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de maio de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

53/98José Maceiras Santos32.613.989r/ Fernando III O Santo, nº 1-baixo, Santiago de C.Pub La Ofisina23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

633/98María José Piñón Galdo76.406.736Lugar de Venta, s/n, OrtigueiraHorus23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

50.001 ptas.

640/98Ana María Bouza Castro76.404.732Avda. da Habana, 143-As PontesIguana26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

25.000 ptas.

666/98María Jesús Ramos Polo32.652.985r/ Miño, bloque 3-2º B, A Barcala-CambreBar Stop26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

668/98José Luis Orgeira Díaz32.666.713r/ Os Ánxeles, nº 101, AresCafetería Kromlech23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

725/98J.L. Herreo Ayuso e J.M. Mira Reymúndez, C.B.Descoñecidor/ Celso Emilio Ferreiro, nº 6, Mera, OleirosChic Mera26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

10/99Óscar Mosquera Souto32.813.750Lugar de Suevos, 116 B, LarachaWai-Tec23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Sobreser

44/99Mamaju, S.L.B-15.549.934r/ Ramón y Cajal, 1, RibeiraCafé Bar Tránsito23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade