Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato administrativo.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

-Servicio de vixilancia do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

-Adxudicatario: Antares de Seguridad, S.A.

-Importe: 7.480.000 ptas. (44.955,71 euros).

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura