Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se declara deserto o concurso público, polo procedento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense.

De conformidade coa Orde do 21 de abril de 1998 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos desta consellería, resolve declarar deserto o concurso público polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense convocado no DOG nº 44, do 4 de marzo de 1999, por non presentarse ningunha oferta.

Ourense, 2 de xuño de 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense