Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica a adxudicación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Verín (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Verín (Ourense):

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de servicios.

Descrición do obxecto: anuncio de licitación publicado no DOG nº 44, do 4 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Canon mínimo de explotación: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.), 300,51 euros anuais.

5. Adxudicación.

Data: 7 de abril de 1999.

Adxudicatario: Mª del Carmen Rodríguez Bahamonde.

Importe da adxudicación: canon de sesenta mil pesetas (60.000 ptas.), 360,61 euros anuais.

Ourense, 2 de xuño de 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense