Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sito na rúa Xeneral Sanjurjo, 98 - portal 6 - local 10, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Carlos Suárez Cayero, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Xeneral Sanjurjo, 98 - portal 6 - local 10, na Coruña, da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo CIE nº 68, que ten a súa casa central en Bilbao, na rúa Gran Vía, 81.

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que, na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral do Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita en Bilbao, na rúa Gran Vía, 81, da que

é titular a entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Xeneral Sanjurjo, 98 - portal 6 - local 10, da Coruña, que será inscrito no Rexistro de empresas e actividades turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo