Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 738/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada

no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba

o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 28 de maio de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 738/98.

Denunciado: Artisane, S.C.

DNI/CIF: G-15.530.223.

Enderezo: r/ Gómez Ulla, nº 18-soto-Santiago de Compostela.

Establecemento: discoteca La Factoría.

Precepto in frinxido: 23 o) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 120.000 ptas.