Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica para a realización dunha campaña publicitaria de mellora da rede ferroviaria de Galicia, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dunha campaña publicitaria de mellora da rede ferroviaria de Galicia.

b) Prazo de execución: mes e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 25.000.000 de ptas. (IVE incluído), (150.253,02 euros).

5. Garantías.

Provisional: dispensada en virtude do artigo 36.2º da Lei 13/1995.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV. Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos: a solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira precisamente referida ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1º Acreditación de que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2º Experiencia mínima de dous anos na producción de spots publicitarios, que se acreditará conforme o establecido no artigo 19 b da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás doce horas.

10. Outras informacións.

A proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes