Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave AC/99/42.0.

a) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns.

Clave: AC/99/42.0.

Orzamento: doce millóns oitocentas sesenta e oito mil oitenta e nove pesetas (12.868.089).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: non se esixe.

A solvencia económica acreditarase mediante informe, expresamente referido á presente licitación, emitido por unha institución financeira, de conformidade co Art. 16.1º a) da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o previsto no artigo 19 a) e b) da lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declarada urxente consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase un garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda