Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3133; XG-350, Chantada-Matanza, con anexos, por substitución da concesión V-3133; XG-350, entre Chantada e Furco, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 19 de abril de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autocares Ledovaz, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3133; XG-350, Chantada-Matanza, con anexos, por substitución da concesión V-3133; XG-350, entre Chantada e Furco, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Chantada, Seixo, Abral, Carballeira, Vilar de Eiriz, San Pedro, Viana, Santa Cruz, Outeiro, Vilardamos, Trasar, Cartelos, Rubiás, Santa Cristina, Furco, Porto e Matanza.

* Outeiro, Santa Uxía, Derramán, Casanova, Brigos e Seixo.

* Trasar, Trasar de Sabugueiro, Cotarelo, Pereiro, Loureiro e Rañadoiro.

* Trasar de Sabugueiro, Outeiro e Buciños.

* Santa Cristina, Cas de Pedro, Santa Mariña e Pereiro.

* Santa Uxía e Aspai.

II. Expedicións e calendario.

Matanza-Furco-Santa Cristina-Cartelos-Trasar-Outeiro-Santa Uxía-Seixo-Chantada (20,3 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 15 de xuño.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes do 21 de xuño ó 21 de setembro.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes do 5 de outubro ó 5 de xuño cando coincida con sábado ou domingo.

Furco-Santa Cristina-Cartelos-Trasar-Outeiro-Santa Uxía-Seixo-Chantada (17,50 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 16 de xuño ó 30 de setembro que non coincida cos días 5 e 21 de cada mes.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes.

* Unha expedición de volta os mércores laborables do 16 de xuño ó 30 de setembro e os días 5 e 21 de cada mes.

Santa Cristina-Santa Mariña-Pereiro-Rañadoiro-Pereiro-Trasar de Sabugueiro-Buciños-Trasar de Sabugueiro-Trasar-Outeiro-Santa Uxía-Aspai-Santa Uxía-Outeiro-Viana-Seixo-Chantada (40,20 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 15 de xuño.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes do 21 de xuño ó 21 de setembro.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes do 5 de outubro ó 5 de xuño cando coincida con sábado ou domingo.

Outeiro-Viana-Seixo-Chantada (13,10 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables do 16 de xuño ó 30 de setembro.

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes do 21 de xuño ó 21 de setembro.

Chantada-Seixo-Viana-Outeiro-Santa Uxía-Seixo-Chantada (circular) (21,90 km).

* Unha expedición os luns e venres laborables do 16 de xuño ó 30 de setembro.

* Unha expedición os días 5 e 21 de cada mes do 21 de xuño ó 21 de setembro.

Chantada-Seixo-Santa Uxía-Outeiro-Trasar-Trasar de Sabugueiro-Pereiro-Rañadoiro-Pereiro-Santa Mariña-Santa Cristina-Furco (27,90 km).

* Unha expedición de ida os días 5 e 21 de cada mes.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 12,58 pesetas.

-Tarifa usuario: 13,46 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,887 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó

da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes