Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de xuño de 1999 do extravío do xustificante de depósito provisional en metálico, 599/1998, do 13 de maio de 1998, que garante a Principal Internacional España, S.A. de Seguros de Vida, para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico do 13 de maio de 1998, co número de rexistro 599/1998, polo importe de pesetas 3.000.000, que garante a Principal Internacional España, S.A. de Seguros de Vida, formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación do presente anuncio non se presentara, procederase, sen máis trámite, á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu repre

sentante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún diante da Administración nin de terceiros.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro