Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.312

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (456/1998-01).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no xuízo executivo 456/1998, que se segue neste xulgado por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García Piccoli, contra Francisco González Torre e María Teresa Seoane Boullón, por medio da presente cédula requírese a Francisco González Torre, con domicilio actual descoñecido, co fin de que no prazo de seis días, presente na secretaría os títulos dos predios embargados coa prevención de que de non facelo recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de requirimento a Francisco González Torre, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado