Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.311

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E CINCO DE MADRID

EDICTO (686/1998).

Margarita Hidalgo Bilbao, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número corenta e cinco dos de Madrid, sito en Capitán Haya nº 66, planta 6ª, fai saber:

Que no expediente de declaración de menor contía nº 686/1998, seguido por instancia da procuradora Alicia Oliva Collar, en nome e representación de Pastor Servicio Financieros, Ent. de Financ. de Cré

dito, contra Aislamientos, Construcción, Industria, S.L. en ignorado paradoiro, acordou que se emprace a parte demandada co fin de que, no improrrogable prazo de dez días, compareza nos autos en forma e verificándoo, concederánselle dez días para contestar á demanda, baixo apercibimento de que de non facelo recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ó demandado e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Madrid o doce de maio de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado