Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.305

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xuño de 1999 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 11 do grupo V, na categoría 3 do grupo V e na categoría 21 do grupo IV convocados pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG 242, do 12 de decembro).

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº. 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selec

tivo para o acceso ás distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V da Xunta de Galicia, que sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro), Orde do 22 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro) e Orde do 26 de abril de 1999 (DOG nº 88, do 10 de maio). Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto previsto na Orde do 3 de xuño de 1999 (DOG nº 107, do 7 de xuño) esta consellería de conformidade co disposto no III convenio colectivo único para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia

DISPÓN

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia os aspirantes aprobados que se relacionan nos anexos desta orde, ordenados, nas distintas categorías, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles como destinos definitivos, os que figuran nos anexos.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refiren os anexos desta orde deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo previsto no artigo 13 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, á elección do demandante, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu domicilio ou o da Coruña, conforme os artigos 8, 14, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que accede pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública