Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 1999 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1998.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1998, os tipos de xuro para

exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 1999 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda finan

ceira ás pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1998 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1992: 4,90%.

-Préstamos do convenio 1993: 4,30%.

-Préstamos do convenio 1994: 4,30%.

-Préstamos do convenio 1995: 4,30%.

Préstamos do convenio 1996: 4,40%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadir ó tipo de referencia (2,66) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Préstamos dos convenios 1997 e 1998: 3,85. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadir ó tipo de referencia (2,58) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deben comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó limite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se vai aplicar á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica