Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.312

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (525/1988-02).

José Espinosa Lozano, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 525/1988, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Gómez Martín, contra Antonio Feás García, María Josefa Ferreiro Vázquez e Josefa García Gómez, nos que, por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Casa de labranza, coñecida por casa de Caruxil, antes Do Cruceiro, composta de casa de planta baixa, destinada a cortes, e alta, a vivenda, co seu curral, palleira, hórreo e demais anexos, con terreo a inculto unido, ocupando o conxunto unha superficie aproximada de dezaoito áreas, e que linda: norte, predio de Manuel Iglesias Vázquez; sur e oeste, camiño público; leste, predio a inculto de José Vázquez Feás.

O devandito ben pertence en propiedade e en pro indiviso ós demandados Josefa García Gómez e ó seu fillo José Antonio Feás García, e encóntrase en Amoexe, Antas de Ulla (Lugo).

Estes bens foron valorados na suma de 3.600.000 pesetas (tres millóns seiscentas mil pesetas).

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día 9 de setembro de 1999, ás 12.30 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda: parta tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, despositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que por instancia do acredor, se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día 7 de outubro de 1999, ás 12.30 horas, e deberase consigar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira, o día 8 de novembro de 1999, ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

No caso de que algún día dos sinalados para a celebración das poxas recaese en día inhábil, trasládase a súa celebración para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.

Sirva este edicto de notificación en legal forma ós demandados Antonio Feás García, María Josefa Ferreiro Vázquez e Josefa García Gómez, do acordado, en caso de que non puidesen ser notificados persoalmente.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado