Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de maio de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Anca VI.

Visto o expediente incoado por Dolores Rodríguez Figueira, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Anca VI, outorgada pola orde ministerial do 20-5-1964, situada na cuadrícula nº 200, do polígono G de Cambados, rematando a concesión o 3-6-2004, e do que eran titulares Dolores Rodríguez Figueira e José Galbán Figueira.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, copia do testamento outorgado o 31 de xullo 1997 por José Galbán Figueira, a relación de bens e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Dolores Rodríguez Figueira (76.466.984); Rosa Galbán Rodríguez (78.782.387); Mª Elena Galbán Rodríguez (33.283.509) e José Manuel Galbán Rodríguez (76.968.403).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 27 de maio de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo