Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 15 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as rendas de integración social de Galicia relacionadas no anexo (Isabel Luna Gómez e dez máis).

Advertidos erros no dito edicto, publicado no DOG nº 211, do 30 de outubro de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 11.784, columnas da dereita e esquerda, onde di: «contra esta resolución poderase interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto

refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril»; debe dicir: «contra esta resolución poderán interpoñer no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, recurso ordinario perante a comisión técnica central de RISGA con sede en Santiago de Compostela, mediante escrito presentado ante a comisión técnica provincial de Pontevedra, e que deberán remitir a UTA da RISGA, Cánovas del Castillo, s/n, Vigo».