Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.211

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 9 de xuño de 1999 polo que se dispón o cesamento do vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de marzo de 1999, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do consello de administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que aqueles representen, polo que, recibida a proposta da Federación de Comunicación e Transporte de CC.OO. de Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, como organización sindical máis representativa trala realización de eleccións sindicais na Autoridade Portuaria de Vigo o día 8 de abril de 1999,

DISPOÑO:

Que cese Ignacio Pérez Calzado como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo en representación da organización sindical máis representativa (UGT), agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda