Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.211

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 182/1999, do 17 de xuño, polo que se amplía o número de vocais da Comisión Superior para o Estudio do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego.

O Decreto 107/1999, do 8 de abril (DOG nº 84, do 4 de maio) estableceu a composición e funcións da Comisión Superior para o Estudio do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego, que é un órgano consultivo da Xunta de Galicia encadrado na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Co obxecto de que poidan participar tódalas institucións que acheguen os seus coñecementos contrastados para a recuperación do específico dereito civil galego procede incorporar un novo membro ó Pleno da Comisión en representación da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 4º.2 c) do Decreto 107/1999, do 8 de abril, que queda redactado como segue:

«Un representante de cada unha das seguintes institucións, elixidos de entre os seus membros:

-Consello da Cultura Galega.

-Consello da Avogacía de Galicia.

-Colexio Oficial de Rexistradores da Propiedade e Mercantís.

-Colexio Notarial de Galicia.

-Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación».

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais