Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río San Xusto, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/71/1998.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e

autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 KVA dun tramo libre do río San Xusto, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar.Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo Rd.249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda- Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Lousame (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos a súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da cen

tral, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda - Edif. Advos. San Caetano, s/n. - 15071 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos Praza Luis Seoane, 1ª pranta - 15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n. 15008 A Coruña.

Concello de Lousame: Portobravo, s/n - 15214 Lousame (A Coruña)

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica de San xusto.

Enderezo: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 9 baixo 15008 A Coruña

Representante: José Joaquín de la Prida Hoyos

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica San Xusto-I.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica

Caudal máximo derivado: 1.000 l/sg

Corrente de derivación: río San Xusto (cota do vertedoiro do azude: 273)

Corrente de restitución: río Vilacoba (cota de restitución: 67)

Desnivel (salto ocupado): 206 m

Altura do azude: 9 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces)

Potencia instalada en xeradores: 1.787 KVA

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

Prevese un azude sobre o leito na cota 271 e vertedoiro á cota 273. Perfil tipo Creager e 30 m de lonxitude de vertedoiro. Dispón dunha escala de peixes.

Obra de toma no estribo esquerdo do azude cun bocal. Existe unha rella de grosos e unha cámara de decantación de finos, cun limparrellas automático ó final. Disponse dunha válvula de regulación.

Tubería de conducción y chimenea de equilibrio:

Encanamento de conducción é de aceiro e vai desde o azude ata a cheminea de equilibrio, cun diámetro de 800 mm, un espesor de 5 mm e unha lonxitude de 1.300 m.

A cheminea de equilibrio ten 20 m de altura e un diámetro interior de 1,5.

Encanamento de carga:

Encanamento de carga vai ata a turbina, cun diámetro de 700 mm e un espesor de 6 mm os 650 m iniciais e de 8 mm os últimos 490 m. É de aceiro. Colector de acceso á turbina idéntico ó resto e diámetro 600 mm.

Edificio da central:

Ten unhas dimensións en planta de 18 m por 9,7 m. Interiormente a altura libre será de 7 m. A súa estructura é de formigón armado. A cuberta será de fibrocemento e tella e os cerramentos exteriores en bloque de formigón enfoscado con morteiro de cemento branco.

Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Turbina Pelton de potencia 1.675 Kw, con velocidade de rotación de 600 rpm e caudal modular de 1.000 l/sg.

Xerador síncrono acoplado á turbina, de potencia 1.787 KVA, tensión 6.000 V e velocidade sincrónica 600 rpm.

Transformador trifásico de 1.800 KVA de potencia e relación 20.000±2.5±5/6.000 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento,

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.