De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-102/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-102/1999.
Inculpado: OXI. NO, S.A.
Domicilio: A Moura, nº 33, A Coruña.
Motivos: irregularidades no etiquetado.
Data de iniciación: 22-3-1999.
A Coruña, 28 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña