Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Freixas, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso PO/24/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Freixas, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van

executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 16/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición o público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Forcarei e Cerdedo (Pontevedra).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

*Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071-Santiago de Compostela.

*Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

*Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47, 4ª planta, 36071 Pontevedra.

*Concello de Forcarei. r/ praza da Igrexa, 1. 36550 Forcarei (Pontevedra).

*Concello de Cerdedo. r/ praza do Concello, s/n. 36130 Cerdedo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Compañía Gallega de Minicentrales, S.A.

Enderezo: r/ Hórreo, 35-entreplanta. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Manuel Peiró Herrera.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Freixas.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 2.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Freixas (cota do vertedoiro do azude: 545).

Corrente de restitución: río Lérez (cota de restitución ó leito: 445).

Desnivel (salto bruto): 100 m.

Altura do azude: 8,1 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 1.850 kVA.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concellos de Forcarei e Cerdedo (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións.

-Azude e obra de toma.

O azude de derivación está situado augas abaixo da confluencia do río Freixas e o rego Vilar. É de tipo gravidade e presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota 545, cunha lonxitude de vertido de 10 m. A cota de contacto co leito do río será a 542. O perfil do vertedoiro será de tipo Creager. Disporase dun desaugadoiro de fondo, e unha escala de peixes.

O acceso ó azude farase utilizando un camiño existente que parte da estrada PO-541 á altura de Cachafeiro, sendo mester amplialo uns 150 m.

A captación estará somerxida, consistindo nunha embocadura no paramento augas enriba do azude, protexida por unha reixa de retención e unha comporta de peche, que dá ó encanamento de aceiro ó carbono.

-Encanamento forzado:

A auga discorre desde o azude ata a central mediante un encanamento forzado que discorre soterrado pola ladeira da marxe esquerda do río. Previuse de aceiro ó carbono, cunha lonxitude de 1.800 m, un diámetro de 1.200 mm e un espesor de 5-7 mm.

-Edificio da central:

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións en planta de 26x20 m, muros revestidos exteriormente de pedra e cuberta de lousa negra.

Para acceder á central aproveitarase un camiño que parte da N-640, un quilómetro antes de chegar a Volariño, e que haberá que ampliar nunha lonxitude aproximada de 50 m.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dúas turbinas Francis de eixe horizontal, para caudais de equipamento de 0,6 e 1,4 m/sg e potencias 475 kW e 1.110 kW.

-Alternadores asíncronos, con potencia en bornas de 550 e 1.300 kVA, 0,66 kV de tensión e velocidade síncrona de 1.000 r.p.m.

-Transformador trifásico de 2.100 kVA de potencia e relación 15-20 kV ± 2.5 ± 5/0,660 kV.

-Equipos auxiliares.

Afeccións.

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.