Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvememto da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 24 de maio de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita federación, Carlos Ucha Sánchez, avalada co visto e prace do seu presidente, Alberto Irisarri Castro, na que se recolle o acordo de modificación estatutaria adoptado pola Xunta de Goberno o 20-4-1999, e que se concreta no cambio do domicilio social, que pasa á rúa San Lázaro, nº 93-21A, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais