Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (215/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións do xuízo de faltas, que se segue neste xulgado co número 215/1995, que literalmente di:

En Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999. Presentados os anteriores escritos pola procuradora Sánchez Silva en nome e representación de Dolores Picón Villaverde e o procurador Cuns Núñez, en nome e representación de La Patria Hispana, únase ós autos da súa razón; e notificada a sentencia ás partes, tense por interposto en tempo e forma o recurso de apelación contra a dita sentencia polos anteriores, que se admite en ámbolos efectos. Déase traslado destes escritos ás demais partes por termo

común de dez días e, verificado, elévense os autos á Audiencia Provincial da Coruña, deixando nota.

E para que conste e lle sirva de notificación a providencia anterior do recurso de apelación a Severino Márquez Freire, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela, trinta e un de maio de mil novecentos noventa e nove.

O/A secretario/a

Rubricado