Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (530/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de separación 530/1996, que se segue neste xulgado por instancia de María José Caramelo Otero, representada polo procurador Merelles Pérez, contra José López Varela, por medio desta cédula emprázase a José López Varela, do que se descoñece o domicilio actual, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos e conteste a demanda coa prevención de que, de non facer, será declarado en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándolle esta resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a José López Varela, expido esta cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado