Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (38/1995).

Dolores Vilar Hortas, xuíza accidental de instrucción número un dos de Padrón, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 38/1995, por furto, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos por Dolores Vilar Hortas, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 38/1995, por furto, con intervención do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, e no que foron partes, como denunciante, Purificación Rodríguez Miguéns e, como denunciados, Eliseo Cuns Negreira, José Manuel Barca Recarey e Juan Manuel Pose Fariña, dos que constan en autos as circunstancias persoais, de acordo cos seguintes.

Decido: que debo absolver e absolvo a Eliseo Cuns Negreira, José Manuel Barca Recarey e Juan Manuel Pose Fariña, da responsabilidade penal polos feitos polos que foran denunciados, declarándose de oficio as custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela

cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

E, sendo descoñecido o domicilio dos denunciados José Manuel Barca Recarey e Juan Manuel Pose Fariña, díctase este edicto para que lles sirva de notificación en forma trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Padrón o vinteoito de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado